TRIPULANDO A IGUALDADE
Tripulando a Igualdade é un proxecto coeducativo dirixido ao alumnado de Educación Infantil, para fomentar a Igualdade de Xénero, e que foi premiado pola Deputación da Coruña co Premio Concepción Arenal, e a nivel nacional polo Ministerio de Educación e Formación Profesional co Premio Irene: La Paz empieza en casa.
Como obxectivo xeral do mesmo, preténdese concienciar a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) de que a desigualdade de xénero aínda é unha realidade, e fomentar unha educación baseada no principio de igualdade real de mulleres e homes.
Como obxectivo xeral do mesmo, preténdese concienciar a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) de que a desigualdade de xénero aínda é unha realidade, e fomentar unha educación baseada no principio de igualdade real de mulleres e homes.
Deste modo, o noso alumnado enrolarase nunha aventura por diversos lugares imaxinarios pero que reflicten as desigualdades entre homes e mulleres de hoxe en día. Os rapaces e rapazas viaxarán nun barco que atracará en varios portos, alí lles esperarán outros nenos e nenas que viven nunha situación de desigualdade de xénero. Os habitantes deses sitios presentaranlles diferentes actividades e xogos nos que participar e que lles invitarán a reflexionar sobre as situacións de desigualdade. Polo tanto, coas actividades e xogos formulados preténdese que o alumnado desenvolva ao máximo o seu propio pensamento e cree as súas propias ideas. O alumando imaxinará e decidirá como quere vivir e como se quere organizar como sociedade. A participación do alumnado será activa e dinámica baseada na competencia do emprendemento e da iniciativa persoal, así como no apoderamento. En ningún momento as mestras decidirán cal é o camiño correcto, serán eles e elas os que decidan cal seguir, facéndoos previamente conscientes da súa posible desigualdade e finalizando con amosar a súa opinión e as súas conclusións.
Dende todas as tarefas educativas proxectadas no programa inicial, e polo momento, durante dous cursos escolares seleccionáronse e idearonse as que se consideraron prioritaras e implicaban nunha maior porcentaxe: educación emocional e educación para os afectos e a sexualidade, uso das TICs e a colaboración familiar, visibilidade de parellas non heteronormativas, modelos de masculinidade e feminidade non hexemónicos, transformación de espazo, entre outras. Deste modo, nuns inicios, o proxecto tivo lugar nunha aula en particular, para extenderse, posteriormente, ao Ciclo de Educación Infantil e, grazas aos CONTRATOS-PROGRAMA, convertirse na actualidade nunha cuestión transversal do centro escolar. Polo tanto, como actividades e tarefas principais, podemos destacar as seguintes:
- CAPITANA VERDADEIRA, EMBARCA A PRIMEIRA: a cal consiste na visibilización de mulleres pioneiras e ilustres da historia da humanidade, a través de expresións artísticas e escritas, robots educativos, e a realidade aumentada. Entre elas, podemos destacar as figuras de Rosalía de Castro, Dian Fossey, Frida Kahlo, Mº Victoria Moreno ou Clara Campoamor, Jane Goodall, entre outras.
- CONSTRUÍNDO UN BARCO: a cal consiste na elaboración dun libro de bitácora e viaxeiro, na que cada nena e neno con axuda da súa familia ten que construír unha historia respectuosa coa igualdade de xénero, a linguaxe non sexista e rompedora cos estereotipos de xénero, para posteriormente, dende a escola decidir cales serán as mellores solucións para que cada persoa poida ter o seu propio exemplar. Deste modo, e unha vez elaborado, o alumnado, a través de dispositivos móbiles, dixitaliza o seu contido, escribe o texto e grava os audios do textos, para conseguir difundilo tanto a nivel dixital como analóxicamente, e convertilo nun audio-libro.
- O TEU CORPO O TEU TIMÓN: reflexións sobre a identidade de xénero e sexual, a través de diferentes traballos e obradoiros, algúns deles levados a cabo por institucións externas á escola ou polo propio profesorado do centro e centrados en tres bloques: coñecemento e coidado do corpo e dos afectos, a elección de parella e tipos de familias, reprodución e xestación dos seres humanos.
- XOGUETES CON RUMBO: reflexión e consciencia sobre os roles de xénero, e como a sociedade constrúe diversos estereotipos hexemónicos no noso imaxinario e nos condiciona na elección dos xogos e xoguetes.
- VENTO EN POPA A TODA VELA: visibilización de mulleres pioneiras e ilustres actuais, tales como a artista Susana Seivane, ou a adestradora superior de baloncesto Iria Uxía Romarís. (coñecemento da súa traxectoria a través da realidade aumentda, códigos QR e dispositivos móbiles)
- 8M: para a concienciación da identidade emocional, elabórase un mural sobre características coas que nos identificamos. Noutros cursos escolares, e para continuar coa liña de traballo da Biblioteca Escolar, renoméanse as aulas con pintoras ilustres, as cales, foron invisibilizadas históricamente e decoramos as portas das aulas con elas. Por outra banda, e para comprender as reivindicacións manifestadas por esta data, desenvólvese actividades relacionadas coa desigualdade salarial segundo o xénero.
- NÓS, EMOCIONALMENTE MARIÑEIROS: con este bloque preténdese coñecer e identificar as emocións, así como os sentimentos e consecuencias que se desenvolven a partir das mesmas, sobre todo, dos diferentes tipos de violencia tanto física e emocional e do respecto físico e emocional das persoas que nos rodean.
- MAYDAY! DISFRAZ ESTEREOTIPADO: análise e reflexión sobre os diferentes tipos de disfraces que na época de Entroido eliximos segundo o xénero. Nesta ocasión disfrazámonos da artista Frida Kahlo e coa vestimenta tradicional mexicana, o que supuxo tomar conciencia da comodidade desa roupa, as limitacións que nos supoñe ou a obrigatoriedade dela noutras épocas, ademáis de experimentar novas masculinidades e romper cos estereotipos a través de diversos contos.
- XORNADAS VIOLETA: xornadas de formación para a comunidade educativa (profesorado, familias e persoal non docente) sobre a concienciación e reflexión sobre a desigualdade de xénero e violencias machistas, co-organizadas co IES Otero Pedrayo e nas diferentes edicións contando como relatoras con: Ana Torres Jack, Montse Pena, Chis Oliveira, Amada Traba e Luisa Abad.
- AMARRANDO UN CONTO: elaboración e compilación de libros e recursos educativos para as familias e colaboración, nunha sesión de contacontos, co alumnado e profesorado do IES Otero Pedrayo, o cal foi premiado na mesma convocatoria da Deputación da Coruña. Por outra banda, considérase fundamental a creación dunha biblioteca de aula respectuosa co xénero e coa diversidade social, polo que a través do traballo e da lectura autónoma de libros coeducativos técese unha rede de traballo transversal centrado en: formas de ser diversas, co-regulación emocional, novas masculinidades, feminidades non hexemónicas, emprendemento e apoderamento, entre outros.
- 25N: con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, reflexionamos sobre a posibilidade que temos para elexir e como moitas das presións sociais, fannos ser e comportarnos dun xeito que non é positivo para nós, de tal xeito que elaboramos un mural sobre os respecto aos gustos e a diversidade.
- XOGOS COEDUCATIVOS: como inicio de fomento para un patio de xogos coeducativo e respectuoso coas diversidades, desenvólvense obradoiros de xogos coeducativos, que ofrezan alternativas a ocupar de xeito exclusivo o espazo con xogos de balón. Os cales están complementados posto que o alumnado de Educación Primaria xunto co seu profesorado, e en especial, a especialista de Educación Musical, crearon a letra e música dun rap para reclamar un patio de xogos diferente.
- A CAPITANA MÁIS IMPORTANTE: eliximos cal é a muller máis importante das nosas vidas e dotámola de identidade.
- TEATRO COEDUCATIVO: organización de teatro na escola, na que se representou a obra MULLERAZAS, da compañía Criando Malvas.
- QUEN É?: xogo no que alumnado e profesorado ten que adiviñar que tres mulleres pintoras de características extraordinarias se agochan baixo a silueta exposta e a través dunha serie de pistas ofrecidas cada día. A participación é voluntaria é pódense empregar diversos medios de investigación, incluída a visita ao museo da escola.
Alén diso, ao longo destas actividades, elaborouse por parte do profesorado, recursos educativos inéditos e propios, así como, outro tipo de recursos complementarios que serviron como punto de partida das aprendizaxes: Symbaloos, Wix (blogue/web), marcapáxinas, chaveiros, libretas, imáns, calendarios, entre outros. Ademáis, iniciamos ao alumnado na creación de material audiovisual aplicando a técnica ChromaKey e elaborando spots publicitarios de fomento da igualdade, tales como Mosquitrón ou Lentes Violeta. Por outra banda, comezáronse a transformar os espazos, sobre todo, os aseos, nos que se incluíron contedores hixiénicos para tampóns e compresas, para así, visibilizar e normalizar a menstruación.
Ademáis, difundiuse o proxecto a través de diferentes canles de comunicación, entre eles: foros educativos, prensa e redes sociais a través da conta corporativa @ospitinos e a etiqueta #TripulandoIgualdade.