O UNIVERSO DA IGUALDADE
O Universo da Igualdade, é un itinerario educativo levado a cabo nunha aula de 25 nenas e nenos do centro CEIP María Pita de A Coruña, durante o curso escolar 2019-2020. Está deseñado con perspectiva de xénero e baseouse no estudo dos astros, planetas e satélites, e intentouse relacionar cun proxecto coeducativo global de centro que versaba sobre o cine.
A experiencia que se desenvolveu, foi levada a cabo durante o primeiro e parte do segundo trimestre, xa que a partir de marzo do ano 2020, e debido á pandemia da Covid-19, o sistema educativo presencial foi suspendido, pasando a ser éste, exclusivamente en rede. Deste modo, e na situación que nos atopabamos intentouse adaptar o programa educativo á realidade virtual, e nalgúns casos, suspender algunhas das experiencias que estaban organizadas. Para saber máis sobre esta experiencia pódese consultar : Vázquez Regueira, H. (2023). El Universo de la Igualdad. Itinerario Coeducativo en Educación Infantil. En Hamold, C. y Álvaro Andaluz, L. (coords.). El género y su transversalización en la educación (formal y no formal), en la familia y en el deporte. Madrid. Dykinson. |
|