EXPEDICIÓN Á ANTÁRTIDA
Unha Viaxe Coeducativa
Os inicios das ideas educativas que aquí se relatan tiveron o seu comezo no Proxecto xa iniciado TRIPULANDO A IGUALDADE, o cal é un proxecto coeducativo dirixido ao alumnado de Educación Infantil, para fomentar a Igualdade de Xénero, e que foi premiado pola Deputación da Coruña co Premio Concepción Arenal, e a nivel nacional polo Ministerio de Educación e Formación Profesional co Premio Irene: La Paz empieza en casa. A xustificación de que nesta ocasión o barquiño da Igualdade tivese un cambio de rumbo, reside en que tivemos coñecemento da experiencia vivida por Fabian Dattner, a cal, escoitou bromear a un grupo de científicos sobre que as persoas candidatas para liderar a un grupo de investigación na Antártida debían ter barba. Debido a que a experiencia foi tan gratificante, o itinerario educativo presentouse no XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía, organizado pola USC e foi dotado con 3º Premio ás Mellores Prácticas Educativas nos niveis non universitarios (pódese consultar a publicación do mesmo aquí, páx.: 936-938).
Deste modo, o buque deste proxecto xa era unha realidade na nosa escola, posto que comezouse a considerar que a igualdade de xénero debería ser un contido transversal de responsabilidade social. Polo tanto, nesta ocasión o alumnado enrolouse nun barco polo Polo Sur e as Bases de investigación da Antártida, aprenderon modelos sociais igualitarios en canto ó xénero, reflexionaron sobre as situacións de desigualdade que nos atopamos a cotío e empregaron as TICs como base de aprendizaxe. De tal maneira que, como obxectivo xeral do proxecto, centrámonos na concienciación de toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) de que a desigualdade de xénero aínda é unha realidade, e o fomento dunha educación baseada no principio de igualdade real de mulleres e homes e como obxectivos máis específicos nos seguintes:
|
|
Polo tanto, este programa coeducativo levouse a cabo nunha aula de 26 nenas e nenos que cursaban 5º de Educación Infantil, e cuxa finalidade foi ofrecerlles unha oportunidade para que puidesen rachar co machismo e evitar reproducir modelos sociais patriarcais e androcéntricos. Estudantes diferentes, nos que non se asociaba só a elas con xoguetes de coidado da imaxe persoal e maternidade, ou a eles só con xogos de acción e estratexia. Foi un alumnado apoderado, visible, igualitario, asertivo e cunha autoestima e autoconcepto positivos.
Dende todas as tarefas educativas proxectadas no programa inicial, durante o curso escolar seleccionáronse as que se consideraron prioritarias e implicaban nunha maior porcentaxe: educación emocional, visibilización da muller na ciencia, coidado do medio ambiente, coresponsabilidade nos coidados, modelos de feminidade e masculinidade non hexemónicos, uso das TICs e a colaboración familiar. Deste modo, leváronse a cabo as tituladas como:
- IZANDO AS VELAS: a cal consistiu na creación dun recuncho de investigación, onde se atopaban os recursos educativos achegados polo alumnado e relacionados coa temática que nos compete. Alén diso, tamén organizamos a aula en equipos de traballo cooperativos e colaborativos, designados co nome de diferentes especies de pingüíns e científicas relevantes.
- CARTAS NAÚTICAS: como tarefas iniciais do noso proxecto, con Códigos QR e Quiver, a través da realidade aumentada xeolocalizamos os lugares antárticos onde se atopan as diversas bases científicas españolas, e a través doutros medios relacionados coa observación e experimentación, algúns sitios xeográficamente relevantes.
- RUMBO Á ANTÁRTIDA: neste eido un dos interrogantes que tiveron máis transcendencia foi a pregunta de como iamos chegar ata a Antártida, para concluir que un dos mellores medios de transporte podería ser enrolarnos nunha misión científica a bordo do Buque de Investigación Hespérides, para alí, acompañar a persoal científico da talla de Ramón Larramendi, Ana Justel (Lady Byers), ou Sergi González nos seus proxectos relacionados co cambio climático ou co Trineo do Vento.
- BABOR OU ESTRIBOR: non podiamos perder a ocasión de montarnos nun buque transoceánico, pero como esta tarefa era demasiado complicada, empregamos a realidade virtual, (adaptada a menores de 6 anos) para simular a nosa viaxe como tripulación do Hespérides.
- ABARLOANDO Á ANTÁRTIDA: como achegamento do noso barco científico á Antártida, consideramos de importancia construír a nosa propia base científica como lugar para desenvolver o noso coñecemento e as nosas aprendizaxes. Nembargantes, ésta era demasiado pequena para o noso tamaño e tivemos que inventar un sistema de encollimento de persoas. Alén diso, grazas a Sergi González, tivemos a ocasión de comprobar como as nosas creacións artísticas sobre o Trineo do Vento chegaban ao seu destino. Foi marabilloso!!!
- CIENTÍFICAS A BORDO: para reflexionar e tomar conciencia sobre os roles de xénero, o papel da muller na historia da Antártida e o no día da Muller e a Nena na Ciencia, estudamos a figura de tres científicas pioneiras (María Klenova, Josefina Castellví e Carmen Gloria Piñeiro), e ademáis grazas ao programa educativo da XXIII Campaña Antártica Española tivemos a ocasión de manter en directo unha videoconferencia co persoal que traballa na Base Gabriel de Castilla, e coa única muller que foi nesa unidade.
- BARCO DA CIENCIA: estudando os animais depredadores dos pingüíns decicidimos achegarnos ata o Aquarium Finisterrae para investigar de primeira man o comportamento das focas.
- ATRACAR EN PORTO ABRIGADO: deste modo, non podiamos esquecer os contidos curriculares, polo que a través dos nosos estudos científicos sobre o corpo dos pingüíns, o seu tamaño, as colonias e agrupamentos, así como o seu hábitat e as diversas especies, iniciámonos na lectoescritura e na suma, empregando nalgunhas ocasións a realidade aumentada.
- VIRAMOS CARA UN NOVO PORTO: como iniciación á robótica e o emprego das TICs, elaboramos diversos xogos cos que relacionamos as nosas aprendizaxes co razoamento lóxico, a programación e a resolución de problemas. Alén diso, empregamos diversas apliacións para dispositivos móbiles, tales como Quiver, para relacionar a arte Antártica coa Realidade Aumentada.
- AMADRIÑANDO CABOS: a través do programa de adopción de pingüíns da Campaña Antártica Española decidimos comprometernos a protexer o Medio Ambiente e coidar o noso planeta. Alén diso, reflexionamos sobre a identidade de xénero, e como as expectativas sociais, e os nosos nomes condicionan os nosos gustos, a nosa forma de ser e comportamentos, moitos deles heteronormativos e estereotipados en canto ao xénero.
- MISIÓN "A TERRA": unha vez aprendidos numerosos elementos sobre a vida dos pingüíns, a súa estrutura social e o seu hábitat, centrámonos nos perigos que afrontan a cotío, entre eles, o seu risco de desaparición debido á pegada do ser humano no planeta (exceso de turismo na Antártida e o Cambio Climático). Para iso, en primeiro lugar investigamos o ciclo da auga e os diferentes estados nos que se atopa. Unha vez concluídos os nosos experimentos, quixemos comprobar se o cambio climático é unha realiade e o nivel de precipitacións da nosa contorna, a cal, históricamente se caracteriza por se moi chuviosa. Deste modo, realizamos rexistros e establecimos as nosas conclusións, fomentando a redución, reutilización e reciclaxe dos plásticos.
Alén diso, ao longo destas actividades, elaborouse por parte do profesorado, recursos educativos inéditos e propios, así como, outro tipo de recursos complementarios que serviron como punto de partida das aprendizaxes, tales como compilación de recursos a través da plataforma Symbaloo ou Pinterest. Por outra banda, estudouse o sistema de relacións afectivas e sociais do pingüín emperador, o cal establece unha armonía de coidados baseada no beneficio social, a igualdade na parella e na corresponsabilidade. Deste modo, o pingüín emperador foi escollido como modelo para a nosa organización, onde a protección e a preocupación de rodearnos de persoas cuxos afectos son beneficiosos para nós, é o máis importante. Por outra banda, observamos como a nai pon un ovo e llelo pasa ao pai da futura cría para que éste o incube, establecendo un sistema de alternancia de dita actividade, así como cando o ovo fai eclosión, ambos proxenitores realizan quendas para o coidado da cría e a súa alimentación. Non obstante, cando a cría xa é suficientemente maior, queda ao coidado doutros adultos da colonia, o que metafóricamente o comparamos coa nosa asistencia á escola. Deste modo, empregamos contos fomentadores do autocoñecemento emocional, os afectos, masculinidades non hexemónicas, diversidade e visibilidade dos diferentes tipos de familias e parellas.